press release only in german

Novas pegadas e novos relatos nunha cidade de tan longa e vella historia como Santiago de Compostela. Esta é unha das motivacións existentes detrás de Destino: Santiago, exposición comisariada polo director do CGAC, Manuel Olveira e por Cecilia Pereira. Tras o seu paso polo Instituto Cervantes en Sofía (Bulgaria) o próximo destino desta colectiva é Milán. A mostra inaugurarase o día 10 de maio e permanecerá aberta até o 15 de xullo.

Que unha cidade como Santiago de Compostela ofrece diversidade de atractivos para quen a visita resulta obvio a xulgar pola diversa paisaxe que configuran peregrinos, turistas, estudantes, etc. Tamén é algo constatable para o CGAC que desde a sua creación convidou a diferentes artistas a producir e crear obras específicas para espazos do centro e da propia cidade, vinculando os seus traballos a nosa cultura. `Coa súa forma de tratar algunhas cuestións decisivas para a vida e a cultura contemporáneas da cidade, os artistas retratan o que existe e, á vez, axudan a construír imaxinarios do que talvez non existe pero que grazas á súa mirada existirá ou chegará a existir como imaxinario colectivo´, subliñan os comisarios de Destino: Santiago.

Xoán Anleo, Lars Arrhenius, Gabriele Basilico, Vicente Blanco, Patricia Dopico, Suso Fandiño, Günther Förg, Roland Fischer, Rubén Ramos Balsa, Georges Rousse, María Ruido, Karin Sander, Diego Santomé, Elisa Sighicelli, Roman Signer, Montserrat Soto, Beat Streuli e Manuel Vázquez son os artistas cuxa obra conforma a exposición Destino: Santiago. Diferentes olladas e novas versións dunha cidade e dunha cultura que desta vez se converte en peregrina en Milán para continuar despois o seu periplo por Berlín e Praga.

Artistas: Xoán Anleo, Lars Arrhenius, Gabriele Basilico, Vicente Blanco, Patricia Dopico, Suso Fandiño, Günther Förg, Roland Fischer, Rubén Ramos Balsa, Georges Rousse, María Ruido, Karin Sander, Diego Santomé, Elisa Sighicelli, Roman Signer, Montserrat Soto, Beat Streuli e Manuel Vázquez

only in german

DESTINO: SANTIAGO
Kuratoren: Cecilia Pereira, Manuel Olveira

mit Xoan Anleo, Lars Arrhenius, Gabriele Basilico, Vicente Blanco, Patricia Dopico, Suso Fandino, Günther Förg, Roland Fischer, Ruben Ramos Balsa, Georges Rousse, Maria Ruido, Karin Sander, Diego Santome, Elisa Sighicelli, Roman Signer, Montserrat Soto, Beat Streuli, Manuel Vazquez