press release only in german

Dos artistas contemporáneos que exploraron os dominios da fotografía, Jorge Molder (Lisboa, 1947) é quen máis insistentemente cuestionou e mesmo forzou as fronteiras da disciplina, facendo evolucionar o concepto de autorrepresentación, investigando os fenómenos da memoria, mesturando traballo con reflexións propias do deseño, da escultura, da literatura e das cousas do día a día. A exposición monográfica Algún tempo antes, que toma o seu título da instalación creada polo artista para o Dobre Espazo do CGAC, inclúe o vídeo Linha do Tempo (1999-2000) e propón un percorrido evolutivo, aínda que non sempre cronolóxico, a través de varias series, algunhas das cales se mostran integramente.

Algum Tempo Antes “Todas estas fotografías son dalgún tempo antes, pero pertencen a tempos moi diferentes. A primeira imaxe desta exposición é precisamente deste primeiro tempo e é a primeira fotografía dunha serie, que foi mostrada e editada canda algúns poemas de João Miguel Fernandes, e de Joaquim Manuel Magalhães, nun libro chamado Uma exposicão e hai moito tempo desaparecido. O punto de partida era Edward Hopper, daquela moito menos coñecido do que na actualidade, e a mirada da serie é a do empregado de Nighthawks, que como mostra o cadro, “traballa en Phillies até tarde”. A esta séguena outras en que usei o mesmo modelo en circunstancias completamente diferentes, mesmo no caso das metamorfoses de obxectos como o dado ou a navalla. Case que podería engadir, coma as mans, aínda que se trate dun caso (ou unha situación?) diferente. Se me preguntaren se son retratos ou autorretratos, a situación (e aquí si que se trata duna situación e non dun caso) complícase: sendo todas, ou mesmo case todas, o que se pode chamar autorrepresentacións, cada vez se fai máis difícil disfrazar os contactos, contaxios, afinidades e antipatías, e incluso, as indiferenzas e as complicidades discretas. Todas as obras deixan ver os diversos centros arredor dos cales me movo. Por último Algum Tempo Antes, un traballo especialmente concibido para o espazo do CGAC. Penso que sen o sentido do peso, que só se pode percibir na caída, é moi difícil voar. Pero isto aprendino cuns bos amigos, como mostra a figura”. Jorge Molder

only in german

Jorge Molder
ALGUN TEMPO ANTES
Kurator: Maria do Ceu Baptista