press release only in german

Os criterios que tradicionalmente ordenaban e estruturaban unha colección, dende a pericia técnica ou os nomes de artistas até os criterios cronolóxicos ou estilísticos, fracasaron diante da maraña impulsiva da arte contemporánea e a súa heteroxeneidade. Por iso, toda colección que estea sendo traballada en tempo presente precisa de novos criterios para organizala efectivamente e para poder responder de forma axeitada ás necesidades e impulsos da arte do noso tempo. Mediante metáforas como mapa, plano, cosmogonía, puntos de referencia ou carta de navegación, que permite orientarse de noite ou nunha tormenta, esta exposición trata de pór sobre a mesa algúns dos novos criterios que unha colección debe manexar de maneira axeitada para atender ao presente. Partindo dunha selección importante dos fondos do CGAC e da Colección ARCO organízase unha exposición en tres partes e unha publicación que salienta os novos puntos de vista con que traballar para se adecuar ás novas realidades que a arte reclama. Como reflexo desta vontade, cada unha das tres exposicións leva consigo un fío temático que, por unha parte, trata de establecer unha orde e unha orientación no cambiante mundo da cultura e por outra banda trata de establecer unha explicación tanto da orixe do mundo en que vivimos como da evolución do mesmo (de aí a idea de cosmogonía). Estas liñas discursivas, obviamente, atopan un correlato na publicación, aínda que tendo en conta que esta ten leis diferentes ás expositivas e, por iso, hai unha certa flexibilidade nos criterios que rexen a súa estrutura. Un aspecto salientable deste proxecto reside en que ese mapa que se constrúe coas obras da colección vai acompañado tamén dun mapa da actividade curatorial e crítica en Galicia, xa que cada obra conta cun texto específico escrito polas voces que están a construír o discurso cultural. Estas tres grandes liñas teñen que ver cunha serie de aspectos cruciais para a arte contemporánea e para o mundo en que vivimos en xeral. As referencias obrigadas á globalización, ao fluxo de persoas e imaxinarios, á circulación planetaria de mercadorías e de formas culturais hexemónicas ou ao contexto de cambio vertixinoso no que vivimos provocan un novo mapa que é necesario sistematizar para nos orientarmos. Toda forma de arte ten sempre algo relacionado coa fantasía ou coa recreación mediática, pero tamén algo vinculado cunha dimensión sociopolítica ou testemuñal que –aínda que non trata de ilustrar nada nin estar ao servizo de ningunha utopía salvadora– indaga en problemáticas derivadas dos diferentes tipos de exclusións sociais, da explotación, das diferenzas de clase, dos procesos poscoloniais, etc. Esta parte máis documental adoita manter unha actitude crítica respecto do establecido que resulta moi sa en relación coa política do espectáculo en que estamos inmersos. O segundo dos grandes bloques nos que se enmarca cada unha das tres mostras do CGAC ten que ver co corpo. El foi o gran protagonista do século pasado porque sobre el se inscribiu unha historia marcada polo control da escola ou o cárcere e se tratou de reescribir dunha maneira máis liberadora desde os anos sesenta. Moitas das reclamacións derivadas do feminismo e dos estudos de xénero foron e son a base do universo en que vivimos hoxe, malia que moitas veces esta pulsión liberadora teña conducido a unha mascarada desorientadora. A arte é basicamente produción de linguaxe, é unha xeito de representar mediante formas unha visión da existencia e dos problemas metafísicos e cotiáns da vida. Por iso, toda representación é fundamental para operar no mundo das imaxes e das linguaxes formais en que nos movemos. Esta produción de mundos e de formas ten nas estratexias de representación e nas súas fisuras e problemáticas outro dos focos que orientan cada unha das exposición. Todo o que antes era vivido desprazouse até se converter nunha representación, dicía Débord, por iso tanto as novas formas de produción de representacións coma o conseguinte secuestro da experiencia desfilan tanto en cada unha das obras seleccionadas como nas tres exposicións nas que estas son amosadas. Por medio de estímulos externos, pode o suxeito ter unha compensación pola rutina e pola falta de vitalidade interior que parece caracterizar a vida contemporánea. Eses estímulos externos son as formas de representación en que nos apoiamos para erguernos no ermo da actualidade, e esa é a terceira mostra que pecha esta triloxía de exposicións.

Artistas: Vito Acconci, Juan Pérez Agirregoikoa, Lara Almarcegui, Mónica Alonso, Gustavo Artigas, Jorge Barbi, Christian Boltanski e Félix García Torres, Monica Bonvicini, Sergey Bratkov, Frank Breuer, Paco Cao, Pedro Calapez, Jacobo Castellano, Loris Cecchini, John Copplans, Nacho Criado, Hanne Darboven, Juan Dávila, John Divola, Elmgreen & Dragset, William Engelen, Xosé Freixanes, Ignacio Gotilla, Rodney Graham, Naoya Hatakeyama, Thomas Hirschhorn, Gabriel Kuri, Marie-Jo Lafontaine, DINH Q. LÊ, Jac Leirner, Mark Lewis, Christian Marclay, Cildo Meireles, Teresa Moro, Matt Mullican, Antonio Murado, Álvaro Negro, Carmen Nogueira, Gabriel Orozco, Damián Ortega, Maria Papadimitriou, Adrian Piper, Francisco Queirós, Rubén Ramos Balsa, Rosângela Rennó, Carlos Rial, David Rosenfeld, Thomas Ruff, María Ruido , Manuel Sendón , Yinka Shonibare, Valeska Soares, Alexander Sokurov, Eve Sussman, Azucena Vieites, Darío Villalba, Virginia Villaplana, Marc Vives e David Bestué, Erwin Wurm

only in german

Mapas, Cosmogonias e Puntos de Referencia

mit Vito Acconci, Lara Almarcegui, Monica Alonso, Gustavo Artigas, Ruben Ramos Balsa, Jorge Barbi, David Bestue / Marc Vives, Christian Boltanski, Monica Bonvicini, Sergej Bratkow, Frank Breuer, Pedro Calapez, Paco Cao, Jacobo Castellano, Loris Cecchini, John Coplans, Nacho Criado, Hanne Darboven, Juan Davila, John Divola, Michael Elmgreen & Ingar Dragset, William Engelen, Xose Freixanes, Ignacio Gotilla, Rodney Graham, Naoya Hatakeyama, Thomas Hirschhorn, Gabriel Kuri, Marie-Jo Lafontaine, Dinh Q. Le, Jac Leirner, Mark Lewis, Christian Marclay, Cildo Meireles, Teresa Moro, Matt Mullican, Antonio Murado, Alvaro Negro, Carmen Nogueira, Gabriel Orozco, Damian Ortega, Maria Papadimitriou, Juan Perez Agirregoikoa, Adrian Piper, Francisco Queiros, Rosangela Renno, Carlos Rial, David Rosenfeld, Thomas Ruff, Maria Ruido, Manuel Sendon, Yinka Shonibare, Valeska Soares, Alexander Sokurov, Eve Sussman, Azucena Vieites, Dario Villalba Florez, Virginia Villaplana, Erwin Wurm