press release only in german

Roman Signer (Appenzell, Suíza, 1938) defínese como un homo faber, un escultor que opera coas tres dimensións espaciais e o tempo dando orixe a fenómenos efémeros, intanxibles (eventos, cando non existen observadores, e accións, se o público está presente) rexistrados en formato Super 8, e posteriormente en vídeo e en fotografias. Creou un concepto enraizado na arte povera e na tradición minimalista pero foi desenvolvendo unha concepción moi persoal de traballo baseada nun elaborado concepto de espazo-tempo. A auga, o ar e o fogo xogan un papel fundamental máis como forza escultórica que como materia. As formas que sustentan esa forza fan sobresaír o carácter minimalista da materia non enerxética. As técnicas e os materiais tradicionais están ausentes e somos sorprendidos por un curioso abano de procesos aplicados a obxectos de orixe industrial, só aparentemente incompatibles (o resistente colector industrial, o ergonómico kayak, os fráxiles ventiladores domésticos, os globos). A coidada selección dos obxectos esenciais para a construción do seu discurso escultórico "aqueles que poden estar cargados de enerxía´" dá á súa obra un carácter único que obriga a reflexionar sobre a relación causa-efecto. No caso de Roman Signer podemos falar dun modus vivendi que é modus operandi. Así. os debuxos e textos breves creados para describir algunhas das súas pezas non son máis que outra vertente do seu traballo como escultor. A exposición concibida para o CGAC non é unha retrospectiva e, no entanto, a través dela é posible entender a razón desta obra intrigante, absurda (na tradición de Gogol e Tati), cargada de humor, e explosiva no verdadeiro sentido da palabra. Ao mesmo tempo aborda novas intencións e desenvolvementos recentes. Púxose especial énfase no que poderiamos chamar aorquestración da experiencia visual, auditiva e sensorial´, que vai increscendo, até cobrar significado en si mesma. A exposición inclúe varias pezas novas e, durante a súa estadía en Santiago de Compostela, Roman Signer gravará dous vídeos, un nos tellados da catedral e outro no CGAC durante a montaxe da obra titulada Vélo (Bicicleta, 2006).

only in german

Roman Signer
ESCULTURAS E INSTALACIONS
Kurator: Maria do Ceu Baptista